Co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas adicado a Francisco Fernández del Riego, o curso de 3º A de Educación Primaria presenta este pequeno traballo sobre as dunas de Corrubedo. Tomamos como punto de partida un dos capítulos da obra deste autor: "Galicia".
|
Situación en Galicia das dunas de Corrubedo |
É un libro de viaxes por Galicia, de 158 páxinas, editado por Xerais para o Concello de Vigo en 1994. Ilustrado con fotografías, debuxos e mapas en cor e branco e negro. Reeditouse no ano 2023 co gallo de dedicárselle ao autor o Día das Letras Galegas.
Don Paco escribe sobre Corrubedo:
"Marguerite Mauron segue a conducir o auto pola estrada ata chegar ao Cabo Corrubedo, estribeira final dos montes de Barbanza. Compoñen estes o ergueito espiñazo da península. O enlace coa ría arousá establécese a medio do gran anfiteatro areoso de Corrubedo. Abrangue as formacións dunaicas máis impresionantes, quizais, de todo o país galego. Achéganse os pasaxeiros ao cabo e ao seu faro, para admirar o mar alporizado. O escenario no que se atopan , parece dominado polo monte Facho e mais polo Taume. O primeiro amosa unha cor albacenta, por mor das areas que cobren unha parte da súa aba. O outro presenta abas máis estendidas, de cor escura, e cun cume máis agudo."
Xa entran os pasaxeiros polas beiras da ría de Arousa, que se orixina co ancheamento do esteiro do Ulla. Dobrado o cabo Corrubedo, chegan a Santa Uxía de Ribeira."
|
Monte Taume |
|
Vista desde o miradoiro do monte Facho |
|
Dunas de Corrubedo
|
O complexo
dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un parque natural galego que inclúe o
sistema dunar, as marismas e
as lagoas da costa da península do
Barbanza, en Ribeira, entre a ría de Arousa e a ría de Muros
e Noia.
O complexo de
Corrubedo é tamén un espazo natural declarado zona especial
de conservación, unha, zona húmida
protexida galega e unha zona húmida
de importancia internacional.
Flora
No parque podemos encontrar
representados 247 especies vexetais adaptadas á aridez e
inestabilidade do substrato areoso, o cardo mariño,
ou o feo de praia (Ammophila
arenaria) que fixa os espigóns de praia; outras adaptadas ao
alagamento permanente, xuncos, carrizos, ranúnculos, ou ben especies como
a salicornia.
Algunhas especies son endémicas do noroeste peninsular e están consideradas
como vulnerables ou en perigo de extinción.
|
Feo de praia |
|
Cardo mariño
|
|
Salicornia |
Fauna
O
parque destaca pola súa gran riqueza faunística (o 70% das especies de anfibios e réptiles presentes en Galicia), entre a que destacan
sobre todo as aves.
No
parque están presentes diversas especies de mamíferos que se moven no espazo e no seu contorno, como o raposo (Vulpes vulpes), o teixugo (Meles meles), o ourizo cacho (Erinaceus europaeus) ou o esquío (Sciurus vulgaris). Tamén a lontra (Lutra lutra) mantén unha presenza común.
|
raposo |
|
teixugo
|
|
ourizo cacho
|
|
esquío
|
Aves
A variedade de hábitats do parque natural
acolle a unha poboación de aves non abundante en número pero si en especies.
Nas dunas e nos areais hai aves que son infrecuentes ou que teñen poucos
individuos e que poñen alí os seus niños.
Os censos de aves acuáticas
invernantes efectuados nos últimos anos proporcionan unha media de 2.300
individuos pertencentes a máis de 35 especies.
Entre as especies máis destacadas no parque destacan:
|
mazarico chiador |
|
gabita |
|
pato cullerete
|
|
charneco
|
|
lavanco |
|
píllara papuda
No parque tamén podemos observar anfibios, réptiles e invertebrados.
tritón marmorado
escáncer común
sapo concho común
víbora de Seoane
cabaliño do demo
|
Arqueoloxía
No parque
hai pegadas de asentamentos humanos , tanto no interior do parque, como o Castro do Porto de Baixo, como nos seus arredores. Representan un valor engadido á
súa importancia patrimonial figuras como o dolmen de Axeitos, os petróglifos da Pedra das Cabras, os restos da cultura castrexa coma o Facho
ou Tahume e os restos dos fornos de tella en Cortiza e
Canosa ou os muíños da zona.
|
Restos da muralla do castro do Porto de Baixo
|
|
dolmen de Axeitos
|
|
Petróglifos da Pedra das Cabras
|